
A Xunta de Galicia ven de publicar no DOGA, esta noite, as novas restricións a aplicar ante a actual situación da pandemia en Galicia. Limita as reunións de tipo familiares e sociais a 10 persoas.
«Agora ben, ante a evolución desfavorable da pandemia no territorio autonómico resulta necesario adoptar, como medida de prevención de obrigado cumprimento, e non como mera recomendación sanitaria, a relativa á limitación a un máximo de dez persoas dos grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados»
Por este motivo non vemos obrigados, nos grupos que adestran mais de 10 atletas a dividilos en dous grupos que adestrarán no mesmo horário en dias alternos. Estas modificacións levarán asociadas as reduccións das cuotas dos afectados (25% neste mes e 50% a partir de Novembro) e terán validez mentres dure a restricción por parte da Xunta.
Para todos aqueles que precisen adestrar algún día máis dicirvos que nos grupos de Altura e Lanzamentos dos Xoves ainda queda algunha praza. Se vos interesa contactade co club por email ou teléfono.