ETAPA 1. O NACEMENTO COMO PARTE DA SOCIEDADE DEPORTIVA SAMERTOLAMEU
A sección de atletismo da Sociedade Deportiva Samertolameu comenzou a súa andadura ala polo ano 79 da man dun grupo de entusiastas entre os que se atopaban Segundo Alonso, Rosendo Moreira, Manuel Chantada, José Rodríguez e Manuel Parcero, que dirixían e adestraban a un grupo de corredores de fondo de distintas edades que participaban tanto en probas populares coma federadas. Naquela época xa comenzaban a despuntar algúns dos que despois serían atletas de recoñecido prestixio como José Martínez (Campeón Provincial de Cross xunior e Subcampeón Galego); este corredor seguiría os pasos de Estanislao Durán fichando polo R C Celta sendo daquela Campeón Galego absoluto de 1500 e terceiro no Campeonato de España de cross e finalista no Campeonato de España de 1500
Un par de anos máis tarde, aproveitando a organización das olimpiadas escolares (actividade que vai pola sua 37 edición) , comenzou a expansión do club acollendo nel a tódolos rapaces do Morrazo que destacaban nas distintas probas atléticas; o club diversifica a actividade, abarcando tódalas especialidades e ademais do cros sonde María José Poceiro gañou o Campeonato Provincial, superando nesa proba á Estela Estévez, Calvar, despuntan valores coma Manuel García ( un dos mellores oitocentistas que pasou polo club), ou Juan Carlos Mateos e Benito Riobó que deixaron marcas expléndidas en altura e peso respectivamente.
Entre os anos 82 e 85 produciuse o desenvolvemento dun grupo de xóvenes promesas, entre as que lembramos velocistas como Matilde del Río o Emilia Alonso, fondistas como Evangelina Veiga ( 3 ª no Campeonato de España cadete tanto de cross como de 3000 en pista ), medio-fondistas como Rosana Santos todavía en activo (premio a mellor atleta veterana na tempada pasada) ou Santiago Freire, saltadores como Rodrigo Pena ou lanzadores como Mª Dolores Pena ( Campeona de España xunior en peso e varias veces internacional).
O resultado dese traballo tivo a súa recompensa na conquista do Campeonato Galego Xuvenil por equipos do ano 87 superando a equipos de gran tradición como o R.C. Celta de Vigo ou a Gimnástica de Pontevedra.
Neses anos foi tamén cando apareceron grandes atletas nas especialidades máis técnicas, salientando a mellor escola de marchadores de Galicia con Yovana Rodríguez, Carmen Paz ou Manuel Abal que sería internacional no Europeo de Munich e que ainda conserva os récords galegos xuvenís en 5 e 10 km.; valados con Juan Carlos Otero (presente na proba de hoxe) que chegaría a ser un dos mellores especialistas en probas combinadas ou Cristina Currás
( seleccionada para o Obxetivo 92, finalista en distintos Campeonatos de España e con varios récords galegos no seu palmarés); ou o lanzamento de martelo cun Gabriel de Faria que sería 3º no Campeonato de España Cadete, conseguindo copar daquela tres galegos o podium que tradicionalmente ocupaban cataláns e valencianos.
Entre outros valores non podemos esquecer tampouco a Julio Rodríguez e Santiago Freire en lonxitude, a Colomba López (actual concelleira de cultura) en medio fondo ou María del Mar Costa ( 3ª no Campeonato de España en 300 ) e Norma Santomé en velocidade.
Fracasado o intento de facer un equipo representativo de toda a comarca do Morrazo por falta de promotor, comenzaría a sua traxectoria independente o Vila de Cangas de atletismo, á vez que o Samertolameu traspasou a meirande parte dos atletas non escolares a clubs como A.V.A. e R.C. Celta de Vigo, continuando a súa labor nas categorías inferiores.
A finais dos 80 e comenzos dos 90 un novo grupo de atletas comenza a súa andadura tal e o caso de Alberto Pereiro que todavía posúe o récord Galego Xunior de salto de altura e foi durante dous anos Campeón Galego de 400 m/valados; Águeda Blanco campeona Galega de cross corto no 2002; Fernando Paredes actual Campeón Galego de pista cuberta e Campeón Galego absoluto durante varios anos consecutivos; David Rocha Campeón de España Cadete e Subcampeón xunior, sendo daquela internacional coa selección española en lanzamento de martelo, especialidade na que tamén destacarían Pablo Costa ( bronce no Cpto de España Cadete ) e Pablo Franco Subcampeón de España Xunior e internacional no España – Francia do ano 93.
A finais dos 90 xurdiron novas figuras como Caterina Ríos (Campeona Galega de 400 m/valados en varias categorías), Iria Cancelas ( Campeona de España Xuvenil en 400 m/l) ou Mirian Otero ( Subcampeona de España Cadete e Xunior en martelo ), pero sobre todo formouse un grupo de atletas veteranos ( Orlando Sampedro, José Martínez, José M. Guimeráns, Jesús Piñeiro, José C. Collazo, Avelino Parcero, Pablo Fervenza, Belén Lemat, María Fervenza, Olga Antepazo…) que non só están a dar alegrías importantes o club, como a súa victoria no derradeiro Campeonato Galego de Cross así como os triunfos nas súas respectivas categorías a nivel individual, senón que propiciaron un novo pulo o poñerse ó frente da entidade en responsabilidades directivas.
ETAPA 2. A FORMACIÓN COMO CLUBE INDEPENDENTE
Así no ano 98, relevando a Miguel Cortegoso, asumiu a dirección Orlando Sampedro, desligándose do Samertolameu de Remo e aínda que se conservou o nome , iniciouse unha nova etapa na que pasa a denominarse Club de Atletismo Samertolameu de Moaña.
Sendo presidente Jose M. Guimerans temos que destacar á Campeona de España de martelo Sara Arosa. e a Subcampeona de disco Paula Maya, ambas na categoría cadete, e os magníficos equipos de pista nas categorías escolares con atletas como a corredora Mar Lamapereira, campeona galega de 1000 a saltadora Ana Solla ou a lanzadora Noelia Ferradanes, subcampeona galega de lanzamento de martelo; con este grupo o club chega a final do campeonato de España cadete por equipos onde so una descalificación no derradeiro relevo nos apartó do pódium. Nesa etapa o club coa colaboración do AVA forma un equipo xuvenil de cross de gran nivel onde xa destacaba Gonzalo Porto.
ETAPA 3. A ETAPA DE EXPANSIÓN
Ttras un breve periodo con Avelino Parcero como presidente, é Alberto Juncal o que se fai cargo desa función no ano 2011, e podemos falar dun futuro esperanzador nun momento de clara expansión tanto en número de atletas como de adestradores e actividades.
Neste momento a entidade conta con 290 integrantes dos cales 171 pertencen as categorías inferiores. Dende fai varios anos estes números crecen ano a ano, motivado pola profesionalización dos adestradores e o bo facer.