

Estimados atletas e amigos,
Ante a actual situación sanitaria da area de Vigo e as restriccións en canto ó número máximo de personas que poden reunirse en Galicia (5) que entrará en vigor esta medianoite, o máis prudente e sensato e SUSPENDER TEMPORALMENTE toda actividade da escola a partir de esta medianoite.
Esta suspensión afecta a:
1) Clases da escola impartidas por Nacho e David
2) Clases de perfeccionamento de Altura, Lonxitude, Peso e valados
Se manteñen adestrando os grupos de adultos que adestran aparte da escola, que adaptarán o seu traballo a grupos de 5 persoas tanto nas pistas como no Ximnasio do Club.
O Ximnasio, despois de consultalo co Concello, continuará aberto polo de agora soamente para os atletas adultos e cun aforo máximo de 5 persoas con mascarilla. Dia a dia iremos evaluando a situación en Moaña de cara o seu peche se fose necesario. En caso de pasar a nivel de alerta vermella o peche sería inmediato.
En canto as cuotas pendentes deste mes se cobrarán prorrateadas e se cancelarán as seguintes mentres dure esta situación.
Estamos de volta cunha situación moi compricada para todos, e lle esperan meses duros a nosa entidade, xa que reduciremos drásticamente os ingresos pero manteremos os gastos. Por isto vos pedimos que na medida en que poidades colaboredes no futuro próximo en iniciativas que poidamos ir realizando (loteria, etc).
En canto a situación o permita retomaremos a actividade de inmediato adaptandonos a situación nese momento.
Saudos
Alberto Juncal