Boas tardes,
Sinto moito ter que emitir un comunicado nun dia e nunhas datas tan especiais para todos.
Na tarde de hoxe un dos adestradores da escola (dos grupos máis pequenos) comunicou o seu positivo por Covid nunha proba realizada onte de forma voluntaria. Se encontra en perfecto estado e totalmente asintomático. Ainda que non debería haber transmisión o estar todos con mascarilla, por favor estade atentos a sintomas e comunicade ó Club calquera positivo de nenos que adestrasen hoxe ou en dias anteriores de esta semán.
Ante esta situación e tendo en conta que non temos a necesidade imperiosa de adestrar, e que a situación particular en Moaña, cunha incidencia COVID moi elevada, e moi compricada a directiva acaba de decidir o seguinte.
1) Se SUSPENDE a actividade da escola ata o dia 10 de Xaneiro. Esto afecta as clases de Chupetes, Prebenxamins, Benxamins, Alevins, Infantiles, Cadetes e demais categorias que adestran con Nacho. Tamén cancelamos as clases de PAis e Nais.
2) Se reduciran das cuotas de Decembro e Xaneiro a parte proporcional destas 2 semáns de parón.
3) Ainda que non teñamos clases, todos aqueles atletas que queiran participar nas probas do dia 26 de Decembro e do dia 5 de Xaneiro poderán facelo sen problemas. Irán acompañados de Lara.
4) A actividade dos grupos de Maiores (Fondo e Velocidade) seguirá coa sua programación habitual, extremando na medida do posible as medidas covid.
Por favor, coidarvos moito. A situación está moi dificil para todos. Esperemos que na volta destas festas a situación mellore.
Felices festas a todos!!!!
Alberto Juncal