O pasado Sábado 15 de Xaneiro de 2022, un grupo de 4 atletas Galegos da categoria M65 acadaron, en Ourense, o RECORD DO MUNDO na proba 4×800 metros lisos en pista cuberta na categoría M65.
Entre os 4 elexidos estaba o noso atleta Pablo Fervenza Entenza, un atleta que estivo moitos anos vinculado o Club fai anos e que tras un parón importante por unha lesión retomou con forza fai un par de tempadas.
Todos os que alí estivemos, puidemos disfrutar dentro e fora da pista como centos de persoas volcadas en que pudiesen acadar o record. O tempo a bater eran 10 min 50 segundos…… Foi unha festa de princicio a fin.
A apoteose chegou cando conseguiron para o tempo en 10 minutos, 41 segundos e 58 centesimas.
Os 4 atletas e formaron o equipo foron:
Ademáis de Pablo, o club tamén colaborou na fazaña con outro equipo, xa que para poder validar o Record, 3 equipos debían finalizar a proba. Grazas a Marcos Castro, Alberto Juncal, MArcos Fernandez e David Abad a colaboración.
Parabéns para todos eles e sobre todo para os novos RECORDMEN DO MUNDO!!!!