Bos dias,
Queremos con este comunicado poñervos o dia polos inminente cambio de adestrador na escola do Club.
David Martinez, comentou fai varias semáns a súa intención de non continuar como adestrador do Club. Precisaba un cambio de aires e centrarse no seu outro traballo con maior adicación.
Dende o Club non podemos ter máis que palabras de agradecemento para el pola súa dedicación para os nosos nenos dende o ano 2008 en que se iniciou como adestrador xunto co arranque da escola de atletismo. David foi unha persoa decidida no seu momento, que se comprometeu e que non fallou nas suas labores nin un so día, un exemplo.
Nestes 13 anos foron moitos os nenos e pais que pasaron polas súas clases (cerca de 700) e de seguro que todos eles aprenderon, xogaron e viviron o atletismo como o noso club quere, disfrutando.
Agradecer tamén a David a sua paciencia e disponibilidade, para que puidesemos facer un proceso de selección do seu sustituto sen presas e primando en buscar unha persoa idonea para sustituilo.
Queremos desexarlle o mellor na súa nova etapa e que saiba que as portas da nosa entidade sempre estarán abertas para el. De feito acordamos con David que sempre que sexa necesario e teña disponibilidade poida seguir colaborando co Club en adestramentos e viaxes.
MOITAS GRAZAS DAVID!!!
Na sua sustitución, e ainda que David deixará os adestramentos o Venres 17/12, hoxe se incorpora o novo adestrador. O seu nome e Oscar Fernandez Villar, que conta con moita experiencia como atleta, membro de estamentos federativos e adestrador de atletas.
Como atleta podemos dicir de el que foi campión España escolar 1500 obstaculos, campión españa sub 20 de fonfo 20Kilometros, campión de España 3000 sub 20 e campión España sub 23 en 10.000 metros lisos.
As suas facetas a nivel federativo foron: Director técnico da delegación de Vigo da FGA durante 2 anos e responsable marcha da FGA durante 1 ano.
Como adestrador dicir que estivo os últimos 5 anos como adestrador do Val Miñor e que na sua vida adestrou atletas de moito nivel como Iván Roade, Dani Bargiela ou Ainhoa Reparaz.
Oscar e ademáis comentarista de atletismo TVG desde 2005 ata a actualidade e articulista en diversos medios como Somos Atletismo, Martì Perarnau, Revista atletismo Español.
Oscar iniciará a sua andadura no club, adestrando dous dias a semán, que serán os Luns e Mércores, facéndose cargo das clases de Prebenxamíns, Benxamíns e Infantiles xunto con Lara. As clases de Chupetes e Alevíns serán dirixidas por Lara coa supervisión de Oscar.
Desexamos a Oscar toda a sorte no seu novo cometido na nosa entidade, porque os seus éxitos serán os do Club.
Benvido Oscar!!!