

O pasado Sábado celebrouse en Ourense o Cto Galego master en pista cuberta donde, como ven sendo habitual nas últimas tempadas, os nosos atletas rendiron a un grande nivel e acadaron moitas medallas.
As medallas acadadas foron as seguintes:
Araceli Salgueiro W45: Ouro 200 m.l, Prata 60 m.l e peso
María de los Ángeles Bernárdez W 50: Ouro lonxitude e 200 m.l e Prata 60 m.l
Manuel Lemos M40: Ouro pértiga
José Manuel Guimerans M60: Ouro 60 valados e Prata 60 m.l
Javier Pena M50: Prata triple, 60 m.l e 200m.l
Tamén queremos destacar a incorporación e primeria proba co equipo de dous atletas que de seguro nos van a dar moitas alegrias e que potencian ainda mais o equipo.
Manuel Lemos: Que aparte da medalla de ouro en pértiga acadou o cuarto posto en triple salto,
Cristina Garcia Colomo: Que acadou o sexto posto en 200 m.l e octavo en 60 m.l
Parabéns para todos eles e para Miguel Cortegoso polos éxitos!!!!
