Onte foi un dia importante para todo o noso Club e en especial para o equipo que se adica a preparar carreiras de estrada e de longa distancia.
Na cidade da Coruña se celebrou a XIII Edición do campeonato Galego de Maratón cuns resultados impresionantes para os nosos:
- Manuel Alejandro Parada: CAMPION Galego categoría M50 con mellor marca persoal de 2:54:20
- David Vidal: SUBCAMPION Galego categoria M45, con marca persoal e RECORD DO CLUB con 2:40:29
- Charo Figueroa: Terceira clasificada no Cto Galego cunha marca de 3:13:44.
- Jorge Parcero: 18º clasificado no Cto galego, cunha marca de 3:13:04 e MELLORANDO MAIS DE 10 MINUTOS a súa marca persoal.
Moitos parabéns para todos eles.