Hoxe e un dia moi triste ,un dos días máis tristes dende a creación do Club.
Estamos desolados porque hoxe faleceu, despois dunha longa enfermidade, un dos nosos atletas, Miguel Amat Benavides, coñecido cariñosamente dentro do Club como «O Quillo», ainda que realmente non o era.
Almeriense de nacemento, máis concretamente de Adra, emigrou a nosa terra por amor. Dende os seus primeiros veráns por aquí comezou a adestrar co grupo de fondo, e xa cando se estableceu en Moaña ala polo 2018 fichou pola nosa entidade.
Podemos decir de Miguel que era de moi boa xente, amigo de todos, e gran colaborador sempre que se necesitaba. Atleta moi activo no grupo de fondo, lle gustaba moito compartir, competir e desfrutar con todos os amigos do Club sempre que podía. Participou en numerosas probas representando o Club e mesmo se atreveu coa distancia olímpica da maratón.
Queremos trasladar a sua familia e amigos, e de unha maneira moi especial a sua muller Rocio e a sua fila Angela, as nosas condolencias por esta tremenda perdida.
DEP
Alberto Juncal
Presidente