

O CEIP Reibón organiza unha proba para solidarizarse coa dramática situación que se está a vivir a illa da Palma. A carreira terá lugar do 2 ao 9 de novembro nas pistas de atletismo da Xunqueira, en fronte do colexio, e estará aberta tanto ao alumnado do centro como a calquera outra persoa que desexe participar. Consiste en dar todas as voltas que se queira (ou se poida) ás pistas e colaborar cunha pequena inscrición de 2€. Os cartos recadados irán destinados na súa totalidade á illa da Palma.
Os participantes poden recoller o dorsal da carreira na secretaría do colexio de Reibón en horario escolar, ou o martes de 16h a 18h, aportando 2€ como donativo. O día 2 de novembro tamén se poderá mercar o dorsal na propia pista dende as 17h ás 19h.
Ao remate da proba, os corredores poden facer unha foto da súa participación e enviala xunto co número verdadeiro de voltas realizadas a: carreirasolidariareibon@gmail.com