Grande actuación das atletas do Samertolameu no Campionato de España de Federacións Autonómicas sub 16.
As atletas do Club de Atletismo Samertolameu que formaron parte da selección galega no Campionato de España de Federacións Autonómicas Sub 16 celebrado en Cuenca os días 9 e 10 de setembro tiveron un gran rendemento na competición. Adriana Rial Salgueiro acadou o cuarto posto nos 100 metros obstáculos e foi terceira, xunto co resto do equipo, na proba de relevos 4×100. Adriana mellora de xeito considerable os resultados obtidos nas últimas competicións nas que participou este verán.
A lanzadora de xavelina Lara Iglesias Suárez acudiu a este evento coa perspectiva de
acadar un bo resultado, dada a súa excelente progresión, pero non tivo un bo día. Os seus
tres lanzamentos foron cualificados como nulos polos xuíces, malia ser o terceiro deles
perfectamente válido, segundo referiu a atleta.
A selección galega feminina clasificouse no quinto posto, mentres que os homes
foron sétimos