TORNEO VIRTUAL STRAVA 2021
Na situación na que nos atopamos, con ningún evento a vista para os nosos atletas de ruta, imos poñer en marcha un torneo virtual para retar a todos eles…. Esta actividade se engloba dentro de outras que faremos a maiores para a motivación dos nosos atletas.
O torneo consiste na realización de unha serie de probas cronometradas e retos que se irán publicando por parte do Club. Cada persoa poderá realizar os distintos circuitos cando queira e a cronoñetraxe se fara de forma automática pola aplicación Strava.
Para que esta aplicación poida realizar a cronometraxe é preciso darse de alta, vincularse o club e despois facer o recorrido ou ben cun reloxo polar, Suunto, Garmin, etc ou co teléfono movil. (Ver ANEXO 2 para darse de alta na aplicación)
Poderan participar neste reto os integrantes do club:
- Atletas
- Socios
- Adestradores
DURACIÓN
- O prazo para completar as probas finaliza o 30/06/2021.
- O club poderá publicar novas probas e retos ata o 31/05/2021
BASES DA CLASIFICACION
- Para cada unha das probas se extraerá a clasificación por tempos e se asignarán un numero de puntos = (numero de atletas na proba+1)-posto
- O atleta poderá completar os retos e circuitos que considere. Cada reto conseguido +10 puntos
- Se sumarán os puntos de cada participante e gañara o participante con maior número de puntos totais. En caso de empate gañara o atleta que teña mais primeiros postos nas probas parciales.
PREMIOS
- Se sortearán 5 premios de 30€ entre tódolos partipantes para gastar en material do Club.
SEGUIMENTO DAS CLASIFICACIÓNS
- A clasificación de cada proba pode realisarse directamente no Strava
- O Club periodicamente subirá a web unha clasificación xeral tendo en conta as probas e os retos.
Temos neste momento 6 circuitos publicados, pero o club poderá publicar novas probas ata o 31/05/2021.
CIRCUITOS
Toda a información detallada dos circuitos poderá atoparse na web do Club. Recomedamos que vos suscribades a web para recibir os avisos de novas publicacións.
Ata o de agora se definiron dous circuitos:
En breve establecemos máis circuitos que xa temos en mente:
- Volta o parque de Samertolameu
- Trail por monte Faro
- Trail polo monte da Cruz
CIRCUITO 1. SUBIDA A FRAGA
Este circuito arranca dende o Club, subindo o sendeiro da Fraga e rematando na curva da Fraga.
Circuito subida a FragaCIRCUITO 2. CIRCUITO LONGO MONTE ABERTO
E o circuito longo que solemos facer en monte aberto.
Circuito Monte AbertoCIRCUITO 3. 500 metros Pista de Tenis => Bar Canario
Este circuito é o circuito que por defecto utilizamos para a realización das series de 500 metros. Arranca na estrada a altura das pistas de tenis e remata a altura do Bar Canario.
Circuito 500 metrosCIRCUITO 4. 1Km Pistas de Tenis=> Pistas Atletismo
Este circuito é o circuito que por defecto utilizamos para a realización das series de 1000 metros. Arranca na estrada a altura das pistas de tenis e remata a altura das pistas de atletismo.
Circuito 1 KmCIRCUITO 5. 2Km Pistas de Tenis=>Dia => Pistas Atletismo
Este circuito é o circuito que por defecto utilizamos para a realización das series de 2000 metros. Arranca na estrada a altura das pistas de tenis , vai ata o Dia (damos volta a parada de autobus) e remata o final das pistas.
Circuito subida a FragaCIRCUITO 6. 3Km Pistas de Tenis=>Dia=>Pistas Tenis
Este circuito é o circuito que por defecto utilizamos para a realización das series de 3000 metros. Arranca na estrada a altura das pistas de tenis , vai ata o Dia (damos volta a parada de autobus) e remata no punto de orixe na pista de Tenis.
Circuito 3 KmANEXO 2. RETOS
Se establecen inicialmente 2 retos iniciais (10 puntos cada un completado) pero o Club poderá decidir novos retos ata o 31/05/2021.
RETO 1. CORRE 100 KM EN XANEIRO
Tes que anotarte a este reto no seguinte enlace.
https://www.strava.com/challenges/January-Running-Challenge-2021
Información do reto
Reto 1. Corre 100km en XaneiroRETO 2. CORRE UNHA MEDIA MARATON EN XANEIRO
Tes que anotarte a este reto no seguinte enlace.
https://www.strava.com/challenges/strava-races-half-marathon-January-2021
Información do reto
Reto2. Corre unha media maratón en Xaneiro