Na reunión da directiva celebrada o pasado Venres 20/11 se decidiu emitir este comunicado específico en relación as licenzas federativas para aclarar tódalas dúbidas, prezos, ventaxas, etc.
Sempre foi importante ter licenza federativa para a práctica do atletismo, porque son varias as ventaxas:
Pero ademais neste ano 2021 e en relación coa pandemia do Covid-19, ten unha ventaxa primordial para calquera entidade e que é a posibilidade de adestrar en grupos máis numerosos. A dia de hoxe os atletas NON federados so poden adestrar en grupos de 6.
Todas as licenzas debemos renovalas ou tramitalas como novas antes do 31/12 para contar ademáis cun desconto do 10%. As licenzas novas poderian tramitarse máis adiante sen sobrecusto adicional. As renovacións fora de prazo 30€ de sobrecusto.
LICENZAS ESCOLA DEPORTIVA
Entendemos por escola deportiva a tódolos atletas que se encontran nos grupos de Nacho e David e nas actividades de perfeccionamento dirixidas por Julio (lonxitude), Otero (altura), Triqui (lanzamentos) e Miguel (valados). As idades son dende Benxamin ata Senior.
En tempadas anteriores tódolos atletas tiñan licencia escolar e se tramitaban soamente as licenzas federativas para aqueles que querían participar nas probas en pista. E verdade que como eran poucos o club asumia este gasto como parte do presuposto anual.
Sen embargo, este ano, o ter a necesidade de federar a tódolos nenos e un gasto inasumible que teremos que repercutir ó atleta. Neste sentido a directiva decidiu:
Este ano aproveitando que todos terán licenza fomentaremos que participen en probas federadas de todo tipo.
LICENZAS ADULTOS
As licenzas para adultos son voluntarias pero se recomenda realizala en base os beneficios existentes. Os prezos establecidos polas federacións para as licenzas son os seguintes:

CUOTAS RFEA

E importante ter en conta que aqueles que decidan facer ficha nacional terían que sumar os prezos da autonómica + Nacional.
En canto as licencias de adultos a directiva acordou o seguinte:
ACLARACIÓN CUOTAS MENSUALES ADULTOS
Nos gustaría aclarar aproveitando este comunicado, porque entendemos que algunha xente pode ter dúbidas, a qué se adican entre outros gastos os 5€/mes que se están cobrando como cuota de club os atletas que NON son da escola.
INGRESOS:
57 ATLETAS X 5€/MES X 12 MESES=3420€/ANO
GASTOS PRINCIPALES:
LIMPEZA LOCAL: 12*140= 1680 €/ANO
LICENZA CLUB: 535 €/ANO
LICENZAS ADESTRADORES: 180€/ANO
MATERIAL XIMNASIO: 800€/ANO
SEGURO RC: 320€/ANO